Regulamento

RASTREXO ARCOS 2014
NORMAS

1.- O número de compoñentes por grupo será mínimo de 8 e máximo de 12. Deberán chegar ao final do recorrido todos os compoñentes inscritos no equipo. Serán penalizados os equipos que non cheguen completos. A penalización será de 15 minutos por cada participante que abandone.

2.- Os participantes serán maiores de 12 anos. Tódolos grupos deberán ter, polo menos, un compoñente maior de idade que será o responsable dos menores que houbera no equipo, quen entregará á organización a preceptiva autorización dos pais ou titores legais dos menores de idade para participar no rastrexo.

3.- Non se poderá fumar durante todo o recorrido do rastrexo. Tampouco se poderá tirar lixo (latas, plásticos, etc). En cada proba se habilitará unha zoa parar depositar o lixo. Será expulsado o grupo que incumpra este norma. O monte e un patrimonio de todos e está nas nosas mans mantelo no mesmo estado en que o atopamos. O lume é unha lacra.

4.- Para poder realizar as probas teñen que estar presentes todos os compoñentes do grupo. A explicación da proba non se dará mentres non cheguen todos os seus compoñentes. No caso que chegue un grupo completo estando outro incompleto esperando, este último cederalle o paso ao primeiro.

5.- Todos os grupos participantes deberán traer linternas e roupa axeitada. Se recomenda traer muda para cambiarse. A organización non se fai responsable do extravío ou deterioro da roupa ou material que leven os participantes.

6.- Os colaboradores son o activo máis grande e o elemento fundamental dos rastrexos, e a súa laboura e adicación debe ser recoñecida e valorada por todos, participantes e organización. Sen eles este evento non se podería levar a cabo. Polo tanto, os participantes deberán ser respetuosos con todos os integrantes da organización do rastrexo. Serán penalizados os grupos que incumpran esta norma, podendo chegar a ser expulsados.


7.- Os membros dos grupos participantes no Rastrexo, deberán aceptar e asumir os riscos que a actividade conleva, non asumindo responsabilidade legal ou extralegal a organización ante calquera accidente ou incidente que poida sufrir calquera participante ou que se lle produza a terceiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario